21 de abr. de 2022

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022/23

 Xúntase a Orde que regula o acceso e admisión ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022-2023.

Para o acceso aos estudos superiores de Música, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica a que se refire o artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro. 

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio.

Máis información clicando na imaxe:



Probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música

A proba constará de tres partes, e realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, rúa de Manuel Murguía, 44, e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rúa de Manuel Olivié, 23, e comezarán o día 14 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso. 

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición. 


Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores


A esta proba poderán presentarse as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 16 anos de idade ou os fagan no ano 2022.  As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.  As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...