7 de abr. de 2022

Axudas para participar no programa Aulas da Natureza durante o verán 2022

 600 axudas para a participación gratuíta na actividade e ata 30 axudas por gastos de desprazamento desde territorio insular

O programa "Aulas da Natureza" verán de 2022 engloba actividades de natureza e medio ambiente, actividades específicas para fomentar a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, actividades de animación e lúdico-deportivas.

Organízase en tres quendas de doce días, durante o período comprendido entre o 3 de xullo ao 11 de agosto de 2022, coa seguinte distribución:

  • 1º quenda: do 3 ao 14 de xullo de 2022
  • 2º quenda: do 17 ao 28 de xullo de 2022
  • 3º quenda: do 31 de xullo ao 11 de agosto de 2022

Cada quenda ofrece a participación de 200 alumnos/as distribuídos equitativamente en 2 instalacións diferentes, reservándose en cada quenda e instalación un 30% das prazas para alumnos de nee.

 A solicitude realizarase de maneira telemática a través da web do Ministerio. 

REQUISITOS: 

  • Alumnado matriculado en centros públicos españois, que non presenta necesidades educativas especiais, cursando 6º curso de Educación Primaria ou 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Alumnado que presenta necesidades educativas especiais escolarizado tanto en centros ordinarios como en centros específicos de educación especial, que cursa o último curso de Educación Primaria, ou primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Básica Obrigatoria. 
  • Informe do Departamento de Orientación, co visto e prace da Dirección, que xustifique a conveniencia da súa participación dende o punto de vista psicopedagóxico e que acredite que o alumno posúe un grao de autonomía e condicións persoais suficientes que posibilitan a súa participación. 


PÁXINA WEB: www.educacionyfp.gob.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...