27 de abr. de 2022

Premios extraordinarios de bacharelato, curso 2021/22

Convócanse ata 20 premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 coa finalidade de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberanse ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e contar cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. O alumnado deberá realizar unha proba presencial de carácter único en toda a Comunidade, o día 23 de xuño de 2022 nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica (1.000 € por premio), e ademais recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...