21 de abr. de 2022

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23

 Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

A solicitude de inscrición presentarase na secretaría dalgún dos centros educativos vinculados a cada modalidade deportiva. Na modalidade de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

ACCESO AO GRAO MEDIO

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos: 

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. 

Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. 

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas. A superación da devandita proba dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio poderase substituír por:

1º. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. 

2º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 

3º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño. 

4º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño. 

5º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 

6º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

c) As persoas que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso 2021/22, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido, e poderán realizar a proba de acceso de grao medio de carácter específico. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba de carácter específico realizada.

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

ACCESO AO GRAO SUPERIOR

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: 

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva; poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: 

1º. Bacharelato. 

2º. Título de técnico superior. 

3º. Título universitario. 

O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou equivalente, ou algún dos títulos establecidos na alínea anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación que se establece no anexo II desta resolución. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.

A superación da proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III 

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: 

1º. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 

2º. Proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño. 

3º. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 

4º. Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores

O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para acceder ás ensinanzas deportivas 

As persoas aspirantes deberán realizar un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. 

Estes exames realizaranse no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 7 de xullo de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: área sociocultural. Das 13.00 ás 14.00 horas: Lingua Galega. Das 16.00 ás 17.00 horas: área científico-tecnolóxica. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá.


Proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas deportivas 

As persoas aspirantes deberán realizar un total de tres exames que deberán seleccionar obrigatoriamente na solicitude de inscrición. 

Estes exames realizaranse no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Máis información clicando na imaxe: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...