Blogue deseñado co fin de axudar ao meu alumnado no deseño do seu proxecto persoal, académico e profesional
18 de xan. de 2022
11 de xan. de 2022
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado.
O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos incluídos.
O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educa...
-
@lvexplica Abre o prazo de inscrición na FP! Tes ata o vindeiro 2 de xullo ás 13 horas para pedir praza nalgún dos ciclos básicos, medios...
-
Para consultar o estado da miña solicitude de admisión en FP, e se estou admitida/o nalgún ciclo, os pasos a seguir son sinxelos: Accedemos...
-
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publica as datas e o protocolo da Proba de Acceso á Universidade (PAU). Haberá unha convocat...