18 de nov. de 2024

Bolsas Norteamérica 2025-2026

 Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

DESTINATARIOS:

  • Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4º da ESO durante o curso 2024/25 e que estea en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2025/26.
  • O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º da ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito será comprobado só no caso de resultar adxudicatario, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Inscricións:

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.

Unha vez aberto o prazo de presentación, as persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

1º: Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

2º: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: Impreso de solicitude xeral

Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos (está dispoñible na sede electrónica).

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 Ext. 10911

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...