23 de ago. de 2025

Axudas FCT

Axudas económicas coa finalidade de compensar parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das actividades que se desenvolven na empresa, correspondentes ao módulo de FCT ou á FP dual.

Modalidades de axudas:

  • Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa dentro do territorio español.
  • Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a formación en empresa fóra do territorio español.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

  • 1ª prazo, do 19 de agosto ao 10 de setembro de 2025, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro de 2024-marzo de 2025 e nos períodos de xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2025. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa ata o 31 de agosto de 2025. O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2025 e que anticipe a súa realización non se acollerá a este primeiro prazo.
  • 2º prazo, do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2025, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2025. Este alumnado deberá finalizar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2025. Acollerase a este segundo prazo o alumnado matriculado en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa no período de setembro-decembro de 2025. 

Requisitos:

  • Estar matriculado nun centro público de Galicia ou, no caso dos centros privados, nun ensino concertado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • Realizar prácticas en empresas ou entidades colaboradoras, entre setembro de 2024 e decembro de 2025, no marco dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos.
  • Finalizar completamente o período de formación práctica en centros de traballo ou finalizar completamente o período de formación en empresas establecido para un curso académico en ensinos de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, antes do 31 de decembro de 2025.
  • Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa establecidas en cada ensino segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual intensiva para o curso académico correspondente.
  • No caso do alumnado de ensinos de FP dual en réxime intensivo, que o proxecto non inclúa axudas para o desprazamento ou aloxamento.
  • No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do alumno ou da alumna durante o período de realización da formación en empresa.
  • No caso da modalidade B, que o alumno ou a alumna non gozase dunha axuda Erasmus+ KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da formación en empresa.

Remuneración / Dotación:

  • Modalidade A: cando o alumnado realice a formación en empresa dentro do territorio español
A.1. Dentro da Comunidade Autónoma: 12,50 euros por semana ata un máximo de 375 euros.
A.2. Fóra da Comunidade Autónoma: 20 euros por semana ata un máximo de 375 euros.

  • Modalidade B: cando o alumnado realice a formación en empresa fóra do territorio español:
Grupo 1: países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia. Terceiros países non asociados ao programa Erasmus+ do grupo 1: 175 euros/semana.
Grupo 2: países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta e Portugal. Terceiros países non asociados ao programa Erasmus+ do grupo 2: 140 euros/semana.
Grupo 3: países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Bulgaria, Croacia, Hungría, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, Romanía, Serbia e Turquía. Terceiros países non asociados ao programa Erasmus+ do grupo 3: 100 euros/semana.

MÁIS INFO: 

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fct/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 996 505

Email: csp@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 18/08/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED202A

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educa...