19 de xan. de 2026

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de marzo e xuño de 2026.


Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas, e de Tecnoloxía e Dixitalización.
  • Ámbito social, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.
  • Ámbito da comunicación, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Requisitos:

- Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2026.

- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.

- Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2025-2026, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:

. Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

. Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

PRAZO, FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

  • Convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.

        20 de febreiro: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe             realizar a proba.

  • Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

        30 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A), dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Na Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901

LUGARES, DATAS E HORARIO DE REALIZACIÓN PROBA

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes de exame publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

27 de marzo de 2026

5 de xuño de 2026

MÁIS INFO:

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 16/01/2026

Clases de español para persoas estranxeiras

Estas clases, impartidas nas Bibliotecas Municipais Sagrada Familia e Ágora, están destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana que teñan dificultades para comunicarse en español. O seu obxectivo é unha mellora no manexo lingüístico das situacións cotiás e un achegamento, a través do idioma, á cultura local.

Cando:
Dende o 03/02/2026 ata o 11/06/2026

Requisitos:
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse para cada cuadrimestre na propia biblioteca de forma presencial.

Inscricións:
Dende o 19/01/2026 ata o 03/02/2026

Horario:
Biblioteca Municipal Sagrada Familia:
  • Grupo I: Martes e xoves, de 18.00 a 19.00 h
  • Grupo II: Martes e xoves, de 19.00 a 20.00 h

Biblioteca Municipal Ágora:
  • Grupo I: Martes e xoves, 16.00 a 17.00 h
  • Grupo II: Martes e xoves, 17.00 a 18.00 h

Prezo:
Gratis



Páxina web:
coruna.gal/bibliotecas
Contacto:
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
R/ Antonio Pereira, 1, baixo. 15007-  A Coruña
tel: 981 184 392
e-correo: bsagradaf@coruna.gal
Biblioteca Municipal Ágora
R/ Lugar Gramela, 17. 15011- A Coruña
tel: 981 189 886
e-correo: bagora@coruna.gal

7 de xan. de 2026

III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)

 As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Dirixido a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP e que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás Anpas e persoas interesadas.



As xornadas organízanse en:

Cando:

  • Do 23 ao 25 de febreiro de 2026: CICLOS FORMATIVOS. VISITAS Aos CENTROS PÚBLICOS DE FP da cidade e á EASD Pablo Picasso.
  • O mércores 25 de febreiro, ás 17.30h: ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA, na EASD Pablo Picasso R/ Os Pelamios, 2).
  • O luns 2 de marzo ás 17.30h : CHARLA SOBRE Os CICLOS DE FP BÁSICA, no Fórum Metropolitano (R/ Río Monelos, 1).

Acceso ás Xornadas:

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Requisitos:

A solicitude de inscrición en liña faina directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición. IMPORTANTE: verifica que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario. Datas de inscripción: 

  • Do 19/01/2026 ao 06/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.
  • Do 26/01/2026 ao 6/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.

Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas. Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

* Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña podes escribir a gestionim@edu.coruna.es.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo de Municipal de Educación

tel:  981 184 200 - ext. 10179  (de luns a venres de 9:00-14:00h)

e-correo: educacion@coruna.gal

Rede Municipal de Información Xuvenil

tel: 981 189 888 | 981 184 294 | 981 189 895

Telegram//Whatsapp: 606 362 366

e-correo: cmix@coruna.gal

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educa...