Comparto esta presentación exquisita da compañeira Lourdes Otero, sobre os pasos a seguir na matrícula na universidade noutras comunidades autónomas.
‘Coñece Galicia’ 2023 incorpora dúas novas localizacións con respecto ao pasado verán: o hotel Candor de A Lama (Pontevedra) e o hotel Laias de Cenlle (Ourense). Así, a proposta deste ano inclúe os seguintes minicampamentos na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.
Turismo de natureza
Na provincia de Lugo: A conquista de Foz IV, con actividades de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural; Aventura na Montaña IV, en Piornedo-Cervantes; A descuberta da Pobra do Brollón III, centrado no turismo de natureza e educación ambiental; e Xeocampamento nas montañas do Courel III, en Folgoso do Courel.
A provincia de Ourense acollerá os minicampamentos Somérxete na natureza III, que se desenvolverá na Pobra de Trives; Acción no Arnoia III, no que os participantes coñecerán o patrimonio natural de Allariz e a súa contorna; e un novo que terá como aloxamento o albergue turístico de Laias en Cenlle e que levará por nome Ecoverán termal en Laias. Neste minicampamento desenvolveránse actividades de natación nas piscinas de Laias e deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño, ademais de visitas culturais na contorna e rutas de sendeirismo.
Na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.
Por último, na provincia de Pontevedra celebraranse as propostas Aventura en Paradanta III, en Covelo e centrado no desfrute do medio rural; Minicampamento Natura IV, en Sanxenxo e a nova proposta Aventura e natureza rural no concello de A Lama.