22 de xan. de 2025

Probas de avaliación en competencias clave

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática

As probas terán lugar, previsiblemente, na segunda quincena de maio. O lugar, os días e os horarios de realización das probas publicarase na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Inscricións:

Ata o 14/02/2025

Dirixidas a: 

Persoas maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2, non estar en posesión de ningún título, certificación ou acreditación seguintes:

  • Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
  • Certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que se desexa acceder.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
  • Competencias clave de nivel 2 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
  • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ter superado as correspondentes probas de acceso.  
  • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convocatoria.
  • Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados profesionais de nivel 3 de cualificación.
  • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 3, non posuír algunha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

  • Título de bacharelato.
  • Certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia.
  • Competencias clave de nivel 3 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
  • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ter superado as correspondentes probas de acceso.
  • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convcocatoria.
  • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual 

A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente:

As competencias clave requiridas para todos os certificados profesionais das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados profesionais para os niveis de cualificación 2 e 3 son: competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados profesionais que teñen un módulo profesional de lingua estranxeira.

Páxina web:

https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 858 - 981 546 843 - 981 546 854

correo-e: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal

Publicación: DOG 14/01/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TR306A

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2025/2026

O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2025-2026, iníciase o día 01/03/2025 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2025, ambos os días incluídos.

Durante este período debe inscribirse o alumnado que se incorpora por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4.º curso de educación infantil) e aqueles alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.

Do 15/01/2025 ao 04/02/2025 está aberto o período de reserva de praza para o alumnado que finaliza etapa educativa no seu centro actual e inicia unha nova etapa no centro adscrito que lle corresponda. 

CALENDARIO 

  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manual) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.

  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.ç
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO
Aquí podedes ver os mapas das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería). 

MÁIS INFORMACIÓN: 
Páxina web:
www.edu.xunta.gal

Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, 
R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña
tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778
correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal

- Nos propios IES e CEIP

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...