O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2025-2026, iníciase o día 01/03/2025 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2025, ambos os días incluídos.
Durante este período debe inscribirse o alumnado que se incorpora por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4.º curso de educación infantil) e aqueles alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.
Do 15/01/2025 ao 04/02/2025 está aberto o período de reserva de praza para o alumnado que finaliza etapa educativa no seu centro actual e inicia unha nova etapa no centro adscrito que lle corresponda.
CALENDARIO
- Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
- Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
- Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.ç
- 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
- 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
- Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria.
- Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.