22 de xan. de 2025

Probas de avaliación en competencias clave

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática

As probas terán lugar, previsiblemente, na segunda quincena de maio. O lugar, os días e os horarios de realización das probas publicarase na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Inscricións:

Ata o 14/02/2025

Dirixidas a: 

Persoas maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2, non estar en posesión de ningún título, certificación ou acreditación seguintes:

  • Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
  • Certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que se desexa acceder.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
  • Competencias clave de nivel 2 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
  • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ter superado as correspondentes probas de acceso.  
  • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convocatoria.
  • Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados profesionais de nivel 3 de cualificación.
  • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 3, non posuír algunha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

  • Título de bacharelato.
  • Certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia.
  • Competencias clave de nivel 3 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
  • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ter superado as correspondentes probas de acceso.
  • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convcocatoria.
  • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual 

A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente:

As competencias clave requiridas para todos os certificados profesionais das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados profesionais para os niveis de cualificación 2 e 3 son: competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados profesionais que teñen un módulo profesional de lingua estranxeira.

Páxina web:

https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 858 - 981 546 843 - 981 546 854

correo-e: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal

Publicación: DOG 14/01/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TR306A

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...