28 de maio de 2025

Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2025-2026

 A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2025-2026.


Nº PRAZAS, repartidas por sectores e grupos


Prezos:

Serán os establecidos en función da Renda Persoal Dispoñible calculada segundo a puntuación económica publicada nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 de marzo de 2023 (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas citadas bases)

Estas axudas son incompatibles con outras coa mesma finalidade. As persoas que teñan concedido o compoñente de residencia da bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte (MEFPD), deberán aboar a cota F. Se desexan manter a cota subvencionada pola USC, deberán renunciar ao compoñente de residencia da bolsa do MEFPD.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 26 de xuño de 2025 ás 14.00 h. a través do formulario web dipoñible en www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-plazas-alojamiento 

Presentarase unha única solicitude por persoa (agás no caso de solicitar praza praza en varios sectores ou nos dous campus: un formulario para Santiago e un formulario para Lugo)

O estudantado de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as 2 opcións no mesmo impreso.

As solicitantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar non teñen que achegar documentación. O resto dos/as solicitantes deberán achegar, ademais do formulario de solicitude asinado por todos os membros da unidade familiar, a documentación que corresponda segundo o indicado no punto 6 das Bases da convocatoria.

CALENDARIO:

Publicación das listas provisionais: 22 xullo

Prazo de enmenda das solicitudes: ata o 28 de xullo

Publicación das listas definitivas: 31 de xullo

Confirmación de permanencia na lista de agarda: ata o 3 de agosto 

Reserva de praza adxudicada (pagamento da fianza): do 31 de xullo ao 3 de agosto

Movementos da lista de agarda:

1º movemento: 5 de agosto

2º movemento: 7 de agosto

3º movemento: 11 de agosto

4º movemento: 14 de agosto

5º movemento: 18 de agosto

6º movemento: 20 de agosto


Páxina web:

www.usc.gal


Contacto:

Universidade de Santiago de Compostela

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246

correo-e: sur@usc.es

www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias

Documentos:

convocatoria 2025-2026 .pdf (297 KB)



Prazas de aloxamento nas residencias da UDC, curso 2025/2026

A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso académico 2025/26.


PRAZAS OFERTADAS: 

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña, 100 prazas.
  • Residencia Pública Universitaria, Ferrol, 29 prazas
Destas prazas totais realizaranse as seguintes reservas:


Requisitos:
  • Alumnado de grao e máster que se matricule a tempo completo nun centro da UDC, nos campus da Coruña e Ferrol, para o curso 2025/26.
  • Para a Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada. 
  • Para a Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
Para a adxudicación das prazas requirirase que a persoa solicitante acredite que, por razón da distancia do domicilio familiar ao centro docente e os medios de comunicación existentes, ten que residir fora do domicilio familiar durante o curso.  

As solicitudes valoraranse de acordo cos criterios académicos e económicos que se sinalan nas bases da convocatoria.

Prezo:
Prezos por praza que aboará cada estudante con bolsa do Ministerio de Educación ou outras axudas similares: 
  • Cuarto individual: 295 €/mes
  • Cuarto dobre: 270 €/mes

O período de duración das estadías será do 1 de setembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026. As entradas durante o mes de setembro posteriores á data indicada, ou saídas durante o mes xuño anteriores á data indicada non implicará modificación de prezo.

MÁIS INFO: 
www.udc.gal

Contacto:
Universidade da Coruña

Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel. 981 167 000

correo-e:
- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")

- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)
www.udc.gal/gl/sape/aloxamento


7 de maio de 2025

Probas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2025-2026.

Os/as aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias dos cursos académicos 2026/2027 e 2027/2028, sen prexuízo de cumpriren coa normativa para o acceso e admisión á universidade.


As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física,  adxuntando a documentación indicada nas bases da convocatoria.

Prazos de matrícula nas probas:

  • Oportunidade do 26 de abril de 2025: ata o 25 de marzo de 2025 ás 14:00 h.
  • Oportunidade do 16 de xuño de 2025: do 8 de maio ao 28 de maio de 2025 ás 14:00 horas.

Á 2ª oportunidade poderán concurrir aquelas persoas que non obtiveron a calificación de APTO na 1ª oportunidade e tamén aquelas outras que, por cualquera circunstancia, non se presentaran a esta.

Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es

Páxina web:

https://probasinefgalicia.udc.es

Contacto:

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da  UDC

Avenida Ernesto Che Guevara, 121 (15179 - Oleiros)

tel.: 881 014 046

correo-e: administracion.inef@udc.es

https://inefg.udc.es

3 de maio de 2025

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2025-2026

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional para o curso 2025-2026.


Inscricións:

Grao Elemental: do 23/04/2025 ao 18/05/2025

Grao Profesional: do 23/04/2025 ao 14/05/2025

Prezo:

As taxas de inscrición nas probas serán as establecidas no DECRETO 163/2024, do 24 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño: 

- Proba de acceso a grao elemental: de balde

- Proba de acceso a grao profesional: 34 €


Requisitos:

a) Para o acceso ao 1º de grao Elemental:

- a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos

- superar a proba específica de acceso

b) Para o acceso ao 1º de grao Profesional: 

- superar a proba específica de acceso.


CALENDARIO:

Acceso a 1º curso do Grao Elemental, curso 2025/26:

  • 22 de abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 23 abril ao 18 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es
  • 19 de maio: publicación dos listados provisionais de admitidos/as
  • 19 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas
  • 20 de maio: modificación da especialidade da inscrición
  • 23 de maio: publicación definitiva de admitidos por especialidade, datas e horarios das probas de acceso
  • do 9 ao 11 de xuño: probas de acceso
  • 16 de xuño: publicación adxudicación de prazas e lista de espera
  • do 17 ao 23 de xuño: prazo de reclamación
  • do 26 ao 30 de xuño: prazo de matrícula 
Acceso a 1º curso de Grao Profesional, curso 2025/26:

  • 22 abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 23 abril ao 14 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/
  • 16 de maio: publicación listas de admitidos e excluídos.
  • 21 de maio: publicación datas e horarios das probas
  • Do 11 ao 13 de xuño: probas de acceso
  • 16 de xuño: ublicación admitidos e lista de espera
  • Do 17 ao 23 de xuño: prazo de reclamacións
  • Do 26 e 30 de xuño: prazo de matrícula 

Páxina web:

www.cmusprofesionalcoruna.es

Contacto:

Conservatorio Profesional de Música da Coruña  

Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Tel.: 981 276 800 

correo-e: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-2026.


Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

  • Axudas directas para alumnado que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Inscricións:

Dende o 30/04/2025 ata o 11/09/2025.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal, no caso de ser menor de 18 anos, con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos.

Requisitos:

  • Non superar unha determinada renda e/ou patrimonio familiar
  • Presentar necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ou TEA
  • Estar a cursar estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo nalgún dos seguintes niveis educativos: Educación infantil,  Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao básico, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais, Programas de formación para a transición á vida adulta, outros programas formativos de formación profesional.

  • Así mesmo, poderán solicitar as axudas o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados en Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais.

Compoñentes das axudas e contías:

  • Ensino: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbano: ata 308,00 euros.
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino postobligatoria: ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa dos Madrazo, 17. 28014 Madrid

Tel. 910 837 937

Unidade de Bolsas. Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rúa Vicente Ferrer, 2, 9º. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña

Tel. 981 18 47 41

Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación: BOE 25/04/2025 (extracto)


Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...