O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-2026.
Convócanse as seguintes axudas individualizadas:
- Axudas directas para alumnado que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.
- Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Inscricións:
Dende o 30/04/2025 ata o 11/09/2025.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal, no caso de ser menor de 18 anos, con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos.
Requisitos:
- Non superar unha determinada renda e/ou patrimonio familiar
- Presentar necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ou TEA
- Estar a cursar estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo nalgún dos seguintes niveis educativos: Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao básico, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais, Programas de formación para a transición á vida adulta, outros programas formativos de formación profesional.
- Así mesmo, poderán solicitar as axudas o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados en Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais.
Compoñentes das axudas e contías:
- Ensino: ata 862,00 euros.
- Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
- Comedor escolar: ata 574,00 euros.
- Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
- Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
- Transporte urbano: ata 308,00 euros.
- Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino postobligatoria: ata 204,00 euros.
- Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
- Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
Páxina web:
www.educacionfpydeportes.gob.es
Contacto:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Rúa dos Madrazo, 17. 28014 Madrid
Tel. 910 837 937
Unidade de Bolsas. Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Rúa Vicente Ferrer, 2, 9º. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña
Tel. 981 18 47 41
Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
Publicación: BOE 25/04/2025 (extracto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.