13 de abr. de 2025

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca probas para a obtención dos títulos de técnica/o e de técnica/o superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2024-2025.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnica/o ou de técnica/o superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

  • Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
  • Ciclo superior de Dietética.
  • Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.
Inscricións:

Dende o 11/04/2025 ata o 30/04/2025 ata as 13:00 h.

Requisitos:

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación ( para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnica/o de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnica/o.

Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnica/o superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnica/o.

Con carácter xeral, non estar matriculada/o en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

- ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres. 

Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)

PRAZOdo 11 de abril ás 9:00h ata 30 de abril de 2025  as 13:00 h.

  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
  • Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.
  • Listaxe de persoas adxudicadas: 14 de maio.
  • Matriculación: 14 ata o 21 de maio ás 13:00 h.
  • Liberados e adxudicación continuada: 23  ata o 30 de maio ás 13:00 h.

OFERTA DE PRAZAS: relación de prazas obxecto desta convocatoria

MÁIS INFORMACIÓN

En C.I.F.P. e I.E.S. onde se oferten as probas

Páxinas web:

www.edu.xunta.es/fp

Contacto:

Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña.  Edif. Adm. de Monelos, 9º andar.

Rúa Vicente Ferrer nº2 (15008 - A Coruña) 

Tel: 981 184 701

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...