28 de maio de 2025

Prazas de aloxamento nas residencias da UDC, curso 2025/2026

A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso académico 2025/26.


PRAZAS OFERTADAS: 

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña, 100 prazas.
  • Residencia Pública Universitaria, Ferrol, 29 prazas
Destas prazas totais realizaranse as seguintes reservas:


Requisitos:
  • Alumnado de grao e máster que se matricule a tempo completo nun centro da UDC, nos campus da Coruña e Ferrol, para o curso 2025/26.
  • Para a Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada. 
  • Para a Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
Para a adxudicación das prazas requirirase que a persoa solicitante acredite que, por razón da distancia do domicilio familiar ao centro docente e os medios de comunicación existentes, ten que residir fora do domicilio familiar durante o curso.  

As solicitudes valoraranse de acordo cos criterios académicos e económicos que se sinalan nas bases da convocatoria.

Prezo:
Prezos por praza que aboará cada estudante con bolsa do Ministerio de Educación ou outras axudas similares: 
  • Cuarto individual: 295 €/mes
  • Cuarto dobre: 270 €/mes

O período de duración das estadías será do 1 de setembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026. As entradas durante o mes de setembro posteriores á data indicada, ou saídas durante o mes xuño anteriores á data indicada non implicará modificación de prezo.

MÁIS INFO: 
www.udc.gal

Contacto:
Universidade da Coruña

Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel. 981 167 000

correo-e:
- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")

- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)
www.udc.gal/gl/sape/aloxamento


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...