27 de feb. de 2025

IV Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña

O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro MARTES 25 de MARZO de 2025, a IV Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol. 

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos oficiais de Grao Superior de Formación Profesional.

Quenda de mañá - de 09:30 a 13:45 horas - Colexios e institutos 
Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...) 
 
O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:
  1. Ciencias da Saúde: 
    1. Facultade de Enfermaría e Podoloxía  
      1. Grao en Enfermaría  

  2. Ciencias Sociais e Xurídicas  +  Artes e Humanidades
    1. Facultade de Humanidades e Documentación 
      1. Grao en Xestión Industrial da Moda 
      2.  Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación  
      3. Grao en Relacións Inernacionais 
    2. Facultade de Ciencias do Traballo 
      1. Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos 
  3. Enxeñaría 
    1. Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol 
      1. Grao en Enxeñaría Mecánica  
      2. Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais 
      3. Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica 
      4. Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica 
      5. Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL) 
      6. Grao en Enxelaría Electróncia Industrial e Automática 
      7. GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso) 
    2. Escola Universitaria en Deseño Industrial 
      1. Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto 
Debes formalizar a túa inscrición na IV Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol ATA o LUNS 17 de MARZO de 2025 no seguinte enlace -> https://forms.office.com/e/SaxyHnN0tU
 
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña en https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree

14 de feb. de 2025

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025.

Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio( Celebración da proba:15/05/2025 Presentación ás 9.00h.): O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (Celebración da proba:  24/04/2025 Presentación ás 9.00h.): O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.
As solicitudes  presentaranse, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario  normalizado (Cód. Proc. ED312C) dispoñible na aplicación informática "Ciclosprobas" accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2024/25. Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación "Ciclosprobas", que xerará un documento en formato .pdf, que se deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Máis información nos enlaces.

A proba é común para todos os ciclos formativos de grao medio. Consta de tres partes: a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas: 
  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.
  • Ciencias sociais.
b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
  • Matemáticas.
c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.

Estructúrase en dúas partes: común e específica.
a) Parte COMÚN. Organízase en tres probas:
  • LINGUA GALEGA.
  • LINGUA CASTELÁ.
  • MATEMÁTICAS
b) Parte ESPECÍFICA: Organízase en tres opcións, A, B e C en función das familias profesionais. A persoa, no momento de formalizar a solicitude de inscrición na proba, elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias, das tres ofertadas.

12 de feb. de 2025

Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia

Publicada a Orde do 31 de xaneiro de 2025 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 31 de xaneiro de 2025 (DOG)

Prazas e bolsas nas residencias xuvenís para o curso académico 2024/25. Apertura de prazo de solicitude de prazas vacantes

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon as residencias xuvenís de Lugo, Ourense e Vigo, ao servizo das persoas mozas que, por razóns de estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.

Inscricións:

Ata o 10/03/2025

Duración:

11 meses, durante o curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prezo:

Persoas estudantes non bolseiras e persoas traballadoras: 

Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes

Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes

Persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

Ademais dos servizos xerais, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo.

Requisitos:

  • Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España.
  • Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras:

  • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
  • Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
  • Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia, pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas.

Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:

  • Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
  • Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
  • Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  • Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación desta convocatoria, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.

Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

  • Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
  • Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.
  • Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
  • Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso. 

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/


Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta cero. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 645

Email: programas.xuventude@xunta.es

Dúbidas ou dificultades técnicas no proceso de presentación de solicitudes: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal

Modalidades de adxudicación de prazas: 

  • Prazas en residencias xuvenís para estudantes.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
  • Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.





Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no mes de xullo de 2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en España, para estudantado de bacharelato, de grao medio de FP, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de idiomas de nivel intermedio e avanzado.


Inscricións:

Dende o 12/02/2025 ata o 13/03/2025 ás 15.00 horas

Duración:

1 semana no mes de xullo de 2025.

Prezo:

Para completar o prezo total do curso, o alumnado aboaralle 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato. O traslado desde o domicilio ao centro de destino, e viceversa, será por conta das persoas interesadas.

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.
  • Estar matriculada/o no curso 2024-2025 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza; Grao medio de Formación Profesional Grao medio de Artes Plásticas e Deseño; Grao medio de ensinos deportivos; Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • Obter no curso 2024-2025 unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2023-2024, na data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculadas/os en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Remuneración / Dotación:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade que se desenvolverá en réxime de internado e pensión completa.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Calle Los Madrazo, 17, 28014 Madrid

Tel.: 910 837 937

Publicación: BOE 11/02/2025 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (identif.): 813674

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos presenciais e en liña, de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados (Celga), niveis 2, 3 e 4.



Inscricións:

Dende o 10/02/2025 ata o 28/02/2025

Duración:

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.
  • Ao seleccionar a persoa interesada o curso en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.
  • Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
  • As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos: Un ordenador con conexión á internet (de banda larga). Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox). Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición. Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Secretaría Xeral de Política Lingüística

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña

Edificio Administrativo de Monelos. Avenida Vicente Ferrer, 2, 7º andar. A Coruña

Teléfono: 981 184 720 / 981 182 350 / 981 184 898

Enderezo electrónico: sxpl.acoruna@xunta.gal

Publicación: DOG 07/02/2025

Probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2024/25

A Consellería de Educación convocar as probas de certificación 2024/25 para a obtención dos certificados dos niveis básico A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 e C2. 



Idiomas e niveis

  • Nivel básico A2: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
  • Nivel intermedio B1:alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
  • Nivel intermedio B2: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
  • Nivel avanzado C1: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
  • Nivel avanzado C2: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

Requisitos:

  • Alumnado libre:
  • Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria.
  • Poderanse matricular nas probas de certificación dos idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria.
  • O alumnado libre poderá matricularse nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das probas de certificación, sen que sexa requisito posuír o certificado do nivel ou niveis anterior(es).
  • Alumnado oficial de ensinanza presencial e semipresencial:
    • Terá que superar a proba de certificación correspondente, sen necesidade de matricularse nas probas.
  • Alumnado do programa That's English!:
    • O alumnado que estea a cursar un módulo final de nivel (A2.4, B1.2, B2.4 ou C1.2) terá que superar as probas para acadar a certificación do respectivo nivel.
    • O alumnado procedente dos cursos ExamPrep do programa That's English! deberá superar a proba de certificación de nivel intermedio B2 ou avanzado C1 para acadar a certificación dos citados niveis. Terá que realizar a inscrición na convocatoria das proba.
    • O alumnado do programa That's English!, incluído o dos cursos ExamPrep, non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.
  • Matrícula: consultar supostos na convocatoria.
  • Datas de celebración: publicadas na web da EOI de A Coruña
  • Prezo público (de ser ocaso)Decreto 89/2013, de 13 de xuño (DOG do 17 de xuño de 2013) 

  • Páxina web:

Probas de certificación

Contacto:

6 de feb. de 2025

Actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de Bacharelato

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña no ano 2025, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.


Inscricións
:

Dende o 04/02/2025 ata o 03/03/2025

Duración:

3 semanas nos meses de xullo e agosto de 2025.

Prezo:

A adxudicación de axudas e asignación de prazas na actividade solicitada farase atendendo á puntuación total obtida por cada alumna ou alumno que resulte de aplicar un baremo no que se terán en conta a nota media do expediente no curso 2023/24, a renda per cápita da unidade familiar e outras circunstancias persoais e familiares.

O custo total de cada actividade inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas na convocatoria.


Requisitos:

  1. Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2024/25, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2023/24.
  3. Ter acadado no curso 2023/24, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6.
  4. Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  5. Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte.
  6. As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

www.edu.xunta.gal/axudasle/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 881 997 426 / 881 997 419

Email: axudasle@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 03/02/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED504B

2 de feb. de 2025

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2025

Publícase a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoria: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

Máis información 

 

1 de feb. de 2025

II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025)

 

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

As xornadas organízanse en:
  • VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
  • Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
  • E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
Ademais, o alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2025, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, formación profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.

Acceso ás xornadas

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Cando:
  • Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2025: Ciclos formativos. Visitas a centros públicos de FP e á EASD Pablo Picasso.
  • O mércores 19 de febreiro, ás 17.30 h: Estudos superiores de deseño en Galicia, na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • O luns 24 de febreiro, ás 18.00 h: Charla sobre os ciclos de FP básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1).
Inscricións:

  • Do 20/01/2025 ao 07/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros da cidade.
  • Do 27/01/2025 ao 7/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.
A solicitude en liña faia directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.

MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario.

Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas.

Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es 

Contacto:
Servizo de Municipal de Educación

Teléfono 981 184 200 - ext. 10259

Horario: de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h

educacion@coruna.gal

Rede de Información Xuvenil

Telegram //Whatsapp: 606 362 366.

cmix@coruna.gal


Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...