Inscricións:
Dende o 04/02/2025 ata o 03/03/2025
Duración:
3 semanas nos meses de xullo e agosto de 2025.
Prezo:
A adxudicación de axudas e asignación de prazas na actividade solicitada farase atendendo á puntuación total obtida por cada alumna ou alumno que resulte de aplicar un baremo no que se terán en conta a nota media do expediente no curso 2023/24, a renda per cápita da unidade familiar e outras circunstancias persoais e familiares.
O custo total de cada actividade inclúe:
- Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
- Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- Os gastos de docencia e o material escolar.
- As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- Os gastos de mantenza e aloxamento.
- O certificado de realización da actividade.
- O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas na convocatoria.
Requisitos:
- Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2024/25, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2023/24.
- Ter acadado no curso 2023/24, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6.
- Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte.
- As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Páxina web:
www.edu.xunta.gal
www.edu.xunta.gal/axudasle/
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 426 / 881 997 419
Email: axudasle@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 03/02/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED504B
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.