O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro MARTES 25 de MARZO de 2025, a IV Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol.
Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos oficiais de Grao Superior de Formación Profesional.
Quenda de mañá - de 09:30 a 13:45 horas - Colexios e institutos
Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)
O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:
- Ciencias da Saúde:
- Facultade de Enfermaría e Podoloxía
- Ciencias Sociais e Xurídicas + Artes e Humanidades
- Facultade de Humanidades e Documentación
- Grao en Xestión Industrial da Moda
- Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación
- Grao en Relacións Inernacionais
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Enxeñaría
- Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
- Grao en Enxeñaría Mecánica
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
- Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
- Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica
- Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)
- Grao en Enxelaría Electróncia Industrial e Automática
- GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)
- Escola Universitaria en Deseño Industrial
Debes formalizar a túa inscrición na IV Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol ATA o LUNS 17 de MARZO de 2025 no seguinte enlace -> https://forms.office.com/e/ SaxyHnN0tU
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña en https://estudos.udc.es/gl/ StudyAtUdc/degree
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.