12 de mar. de 2025

A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025. Estadías en Irlanda

O CMIX informa: 

O Concello da Coruña convoca un mínimo de 29 bolsas do programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025, para realizar unha estadía de catro semanas en Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de 1º de Bacharelato.


Alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña.

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.

Remuneración / Dotación:

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan. 

  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 65% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario e bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

O programa inclúe:

  • Estadía durante catro semanas, vivindo cunha familia ou nunha residencia de estudantes.
  • Curso preparatorio en liña, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Programa lectivo extraescolar e de ocio que incluirá actividades deportivas e culturais, así como unha visita semanal a un centro de interese histórico-cultural.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil. 

SOLICITUDE:

A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa " A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2025" na páxina web municipal de Educación. 

Logo de cubrir en liña a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.

A solicitude, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (rexistros presenciais ou rexistro electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa (LPACAP).

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 - ext 10911

Correo electrónico educacion@coruna.gal 

Teléfono de información cidadá 010 

Publicación: BOP 10/03/2025

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...