A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.
DATAS DE INSCRICIÓN: do 6 ao 19 de marzo de 2025
LUGARES DE INSCRICIÓN: na Coruña, EPAPU Eduardo Pondal. Rúa da Educación, 3- 2º andar. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901
DATA E LUGAR DA PROBA: 24 e 25 de abril de 2025
No IES San Clemente (R/ San Clemente, s/n. 15705-Santiago de Compostela. Tel.: 881 867 501) en sesións de mañá e tarde.
Requisitos:
- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2025.
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculada/o nesas ensinanzas no curso escolar 2024/2025.
Páxina web:
www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección territorial da Coruña. Edif. Adm. Monelos: R/ Vicente Ferrer, 2-7º andar. 15008 - A Coruña
Tel.: 981 184 726
e-correo: educadultos@edu.xunta.gal
Publicación:
DOG 11/02/2025 (regulación)
DOG 03/03/2025 (convocatoria)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.