14 de feb. de 2025

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025.

Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio( Celebración da proba:15/05/2025 Presentación ás 9.00h.): O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (Celebración da proba:  24/04/2025 Presentación ás 9.00h.): O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 24 de febreiro e 12 de marzo de 2025.
As solicitudes  presentaranse, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario  normalizado (Cód. Proc. ED312C) dispoñible na aplicación informática "Ciclosprobas" accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2024/25. Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación "Ciclosprobas", que xerará un documento en formato .pdf, que se deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Máis información nos enlaces.

A proba é común para todos os ciclos formativos de grao medio. Consta de tres partes: a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas: 
  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.
  • Ciencias sociais.
b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
  • Matemáticas.
c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
  • Ciencias da natureza.
  • Tecnoloxía.

Estructúrase en dúas partes: común e específica.
a) Parte COMÚN. Organízase en tres probas:
  • LINGUA GALEGA.
  • LINGUA CASTELÁ.
  • MATEMÁTICAS
b) Parte ESPECÍFICA: Organízase en tres opcións, A, B e C en función das familias profesionais. A persoa, no momento de formalizar a solicitude de inscrición na proba, elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias, das tres ofertadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...