A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon as residencias xuvenís de Lugo, Ourense e Vigo, ao servizo das persoas mozas que, por razóns de estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual.
Inscricións:
Ata o 10/03/2025
Duración:
11 meses, durante o curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
Prezo:
Persoas estudantes non bolseiras e persoas traballadoras:
Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes
Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes
Persoas estudantes colaboradoras bolseiras:
Ademais dos servizos xerais, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo.
Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España.
- Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras:
- Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
- Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia, pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas.
Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:
- Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación desta convocatoria, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.
Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:
- Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2024.
- Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.
- Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
- Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.
Páxina web:
http://xuventude.xunta.es/
Contacto:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta cero. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 544 645
Email: programas.xuventude@xunta.es
Dúbidas ou dificultades técnicas no proceso de presentación de solicitudes: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal
Modalidades de adxudicación de prazas:
- Prazas en residencias xuvenís para estudantes.
- Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
- Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.