12 de feb. de 2025

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos presenciais e en liña, de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados (Celga), niveis 2, 3 e 4.



Inscricións:

Dende o 10/02/2025 ata o 28/02/2025

Duración:

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.
  • Ao seleccionar a persoa interesada o curso en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.
  • Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
  • As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos: Un ordenador con conexión á internet (de banda larga). Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox). Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición. Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Secretaría Xeral de Política Lingüística

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña

Edificio Administrativo de Monelos. Avenida Vicente Ferrer, 2, 7º andar. A Coruña

Teléfono: 981 184 720 / 981 182 350 / 981 184 898

Enderezo electrónico: sxpl.acoruna@xunta.gal

Publicación: DOG 07/02/2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...