10 de set. de 2023

Adxudicación continuada en Ciclos Formativos (11-29 de setembro)

Nos ciclos con listaxe de espera, abrirase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais entre o 11 de setembro ás 9:00 horas ao 29 de setembro ás 13:00 horas. 

Os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a lista de espera para cubrir as prazas vacantes. As chamadas efectuaranse aos números de teléfono consignados na solicitude de admisión. 

Procederase á matriculación das persoas que acepten a praza. Para cada persoa realizaranse un mínimo de tres intentos de chamada separados por media hora. Se houber dous teléfonos intentarase en ambos. Se finalmente non se localiza a persoa, pasarase á seguinte da lista.

No caso de contactar coa persoa, explicaráselle que ten a posibilidade de matricularse na praza vacante (pode dárselle media hora para pensalo). 

A persoa ten dúas opcións logo de recibida a información: 

  • Renunciar: a renuncia é exclusivamente a esa praza (ciclo ou módulo). No resto das listaxes de espera nas que estivese, non será modificada a súa posición, incluídas aquelas de menor prioridade, xa que este é un procedemento deseñado para cubrir as vacantes residuais do proceso de admisión. 
  • Aceptar: a persoa terá 24 horas para entregar toda a documentación para formalizar a matrícula e iniciar a actividade lectiva. Non presentarse no prazo implicará a perda do dereito sobre esa praza. A aceptación da praza significará a renuncia a continuar no proceso de admisión..
Nesta fase do proceso, cada centro chama ao alumnado das súas listaxes de espera de xeito independente, polo que non é posible ter en conta a orde de prioridade que cada persoa establecera na súa solicitude de admisión. Deste xeito, pode ocorrer que unha mesma persoa pode ser chamada desde varios centros diferentes, mesmo unha persoa xa chamada neste proceso e pendente de matrícula, pode ser chamada por outro centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...