10 de set. de 2023

Matrícula simultánea en ciclos formativos

O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou na ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen no artigo 6 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 11 de setembro ás 9:00 horas, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 14 de setembro ás 13:00 horas.

 O Servizo Territorial de Inspección Educativa resolverá a autorización no prazo que abrangue desde o 11 de setembro ata o 19 de setembro ás 14:00 horas, á vista dos informes da inspección dos centros implicados na solicitude, se existe unha compatibilidade horaria mínima do 90 %, que se deberá remitir ao centro educativo a través da aplicación informática que xestiona a admisión antes do remate do período de matrícula. 

De acordo co artigo 6.2.d) da citada Orde do 12 de xullo de 2011, logo de concedida a autorización da matrícula simultánea, o alumno ou a alumna poderán formalizar a matrícula no centro educativo no prazo que abrangue desde o 20 ás 9:00 horas ata o 22 de setembro ás 13:00 horas, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera. 

No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de Formación en centros de traballo e/ou o módulo de Proxecto, de ser o caso, poderá solicitar a matrícula simultánea, a partir do 11 de setembro ou en calquera momento do curso académico, co fin de efectuar a matrícula no devandito módulo, nas condicións establecidas no artigo 6.5 da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...