27 de set. de 2023

BONO CULTURAL XOVE

O Bono Cultural Xove é unha axuda directa de 400 euros do Ministerio de Cultura e Deporte, dirixida á mocidade nada en 2005 para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais. 

INSCRICIÓNS: Dende o 13/06/2023 ata o 31/10/2023 

 REQUISITOS: 
  • Cumprir dezaoito anos durante o ano 2023. 
  • Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España. Poderán ser igualmente beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo, desprazados/as temporais ou extutelados/as. 
En que o poderei gastar? 

  • 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais. 
  • 100 euros para produtos culturais en soporte físico. Por exemplo libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray. 
  • 100 euros para consumo dixital ou en liña. Por exemplo, subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.
Como o podo pedir?

A solicitude faise exclusivamente a través da páxina web.

 Para iso necesitarás Cl@ve con rexistro básico ou avanzado ou Certificado dixital.

- Se xa tes 18 anos no momento de pedir o bono, podes facelo con calquera destes métodos de identificación dixital: 
  • Cl@ve con rexistro básico ou avanzado ou Certificado dixital. 
  • Recomendámosche Cl@ve con rexistro básico, que podes solicitar e obter por videochamada.
  • Se non cumpriches os 18 anos no momento de solicitar o bono, unicamente poderás solicitar Cl@ve con rexistro avanzado, e deberás facelo de forma presencial nunha oficina. Consulta as instrucións aquí .

Se lle vas pedir a unha persoa adulta que te represente:

Tanto se tes 18 anos cumpridos (e naciches en 2005) como se aínda non os cumpriches, pódeslle pedir a unha persoa maior de idade que faga a solicitude no teu nome como representante. A persoa adulta necesitará ter Cl@ve con rexistro básico ou avanzado ou Certificado Dixital.

Nos dous casos é importante que crees unha conta co teu correo electrónico.

PÁXINA WEB: 
https://bonoculturajoven.gob.es 

CONTACTO:
Bono Cultural Xove - Solicitude  Tel.: 917 406 793

Correo electrónico: bcj@fnmt.es 
Horaro de atención: Das 8.00 ás 19.00 horas de luns a venres laborables de ámbito nacional, 

Uso da tarxeta/métodos de pago 
 Tel.: 910 971 223 
 Correo electrónico: bonoculturaljoven@correosprepago.es 
 Horario de atención: Das 8.00 ás 19.00 horas, de luns a venres laborables de ámbito nacional. 

Publicación: BOE 13/06/2023 BOE 27/09/2023 (extracto da Resolución pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de outubro). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...