O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, convoca o programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2026; axudas para realizar unha estadía en Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas.
Inscricións:
Ata o 13/02/2026
Duración:
4 semanas nos meses de xullo e/ou agosto de 2026.
O programa inclúe:
- Estadía na República de Irlanda durante o período correspondente a catro semanas.
- Curso preparatorio on-line, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
- Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
- Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
- Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en familias de acollida en destino ou en residencia de estudantes.
- Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
- Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio.
- Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
- Seguimento e control por parte de persoal especializado.
- Seguro de accidentes de responsabilidade civil.
Requisitos:
- Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
- Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
- Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2025-2026.
- Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
- Contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
Solicitudes:
1º. A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2026" na páxina web municipal. Logo de completar a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.
2º. A solicitude de participación no programa, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (presencial ou electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa. A inscrición en liña da ficha específica non terá en ningún caso valor de solicitude da bolsa se non se presenta nun rexistro.
Remuneración / Dotación:
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.
Dous tipos de bolsas:
Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
Bolsa parcial. As familias do alumnado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.
Páxina web:
www.coruna.gal/educacion
Contacto:
Servizo Municipal de Educación
Tfno.: 981 184 200 - ext 10911
educacion@coruna.gal
Teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.
Publicación: BOP 30/01/2026 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 883578
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.