A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en Canadá, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Francia, co obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado de bacharelato.
Inscripcions dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)
Duración:
3 semanas, entre finais de xullo e finais de agosto de 2026.
Precio:
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). Teranse en conta como criterios a nota media do expediente no curso 2024/25, a renda per cápita da unidade familiar, a condición de familia numerosa e a condición de persoa con discapacidade.
O custo total de cada actividade inclúe:
- Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
- As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- Os gastos de docencia e o material escolar.
- As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- Os gastos de manutención e aloxamento.
- O certificado de realización da actividade.
- O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Requisitos:
- Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
- Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO para as prazas ofertadas para 1º de bacharelato ou en 1º de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
- Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
MÁIS INFO:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 426 // 881 997 419
CONSULTAS
Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Atención telefónica só para resolución de dúbidas que non figuren nas NOTAS INFORMATIVAS, documentos e guías de axuda publicadas nesta mesma páxina:
Horario de luns a venres: 9:00h - 14:30h
Email: axudasle@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 03/02/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.