5 de dec. de 2024

Datas ABAU 2025

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publica as datas e o protocolo da Proba de Acceso á Universidade (PAU).

Haberá unha convocatoria ordinaria en xuño e unha extraordinaria en xullo.

As datas da convocatoria ordinaria de xuño son o 3, 4 e 5 de xuño de 2025

Tamén publica o procedemento para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato ou ciclo formativo de grado superior de formación profesional que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (PAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización, sempre e cando tivese a dita adaptación durante toda a etapa educativa (bacharelato ou ciclo formativo).

Tamén poderás consultar os modelos de exames de 2025.

https://ciug.gal/gal/pau 

Taboas de ponderacións de 2025: https://ciug.gal/PDF/ACCESO2025/ponderacions_25.pdf

18 de nov. de 2024

Bolsas Norteamérica 2025-2026

 Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

DESTINATARIOS:

  • Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4º da ESO durante o curso 2024/25 e que estea en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2025/26.
  • O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º da ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito será comprobado só no caso de resultar adxudicatario, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Inscricións:

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.

Unha vez aberto o prazo de presentación, as persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

1º: Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

2º: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: Impreso de solicitude xeral

Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos (está dispoñible na sede electrónica).

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 Ext. 10911

20 de xul. de 2024

Axudas para realizar a formación práctica en centros de traballo ou FP dual

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual dentro e fóra do territorio español.

Modalidades de axudas:

Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de réxime especial, que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.


INSCRICIÓNS ATA O 09/09/2024

Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.

O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024 e que anticipe a súa realización, non se acollerá a este primeiro prazo.

Segundo prazo, do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024:

Alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024.

O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2024 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a FCT ou a FP dual.(2º prazo do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2024). 


REQUISITOS:

  • Persoas matriculadas nun centro público de Galicia ou, no caso dos centros privados, nunha ensinanza concertada coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
  • Estar cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
  • Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2024.
  • Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.
  • No caso do alumnado de FP dual, que o proxecto de FP dual non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.
  • No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do alumnado durante o período de realización da FCT ou da FP dual.
  • No caso da modalidade B, que o alumnado non desfrutase dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

Para o cálculo das axudas terase en conta o número total de xornadas en que a persoa solicitante realiza a FCT ou a FP dual na empresa. Para este cómputo consideraranse 5 xornadas semanais cunha duración de 8 horas cada unha. Cando o número de xornadas realizadas nunha semana sexa inferior a 5, o importe da axuda ratearase proporcionalmente.

  • Modalidade A: cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español, as contías calcularanse do seguinte modo:

                Dentro de Galicia: 12,50 euros por semana ata un máximo de 375 euros.

                Fóra de Galicia: 20 euros por semana ata un máximo de 375 euros.

  • Modalidade B: cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español as contías calcularanse do seguinte modo en función do país de destino:

                Grupo 1: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Suecia. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 1: 175 euros/semana.

                Grupo 2: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 2: 140 euros/semana.

            Grupo 3: Países da UE e asociados ao programa Erasmus+: Bulgaria, Chequia, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, Romanía, Serbia,Turquía. Terceiros países non asociados ao programa do grupo 3: 100 euros/semana.

MÁIS INFO:

www.edu.xunta.gal/fct/

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 546

Publicación: DOG 10/07/2024


 



15 de xuño de 2024

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2024-2025

O proceso de admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional non é complexo, pero convén telo claro, así que convén ler estas instruccións.

O proceso consta de dúas fases (a soliciude de admisión, e a matrícula - unha vez me adxudicaran plaza-). É importante estar atento aos plazos, xa que, se nos pasamos dalgún, estamos fóra do proceso: 


Os pasos a seguir son os seguintes: 

Durante os períodos de solicitude establecidos -ver prazos no calendariocalendario- (e cumprindo os requisitos de acceso)

  • O primeiro paso será crar unha solicitude de admsión, para o que temos que utilizar o asistente informáticoDeberase cubrir unha única solicitude para cada réxime, modalidade e grao ou curso de especializaciónVelaquí a oferta de ciclos nas distintas modalidades. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Tamén indicará se a solicitude ten que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. 
Mira neste video como facer unha solicitude:

Tras isto tedes que consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.

No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

 
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de Veronica

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

 

A FP Básica de Veronica

ADMISIÓN NA FP DUAL INTENSIVA

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Nesta ligazón atoparás a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso actual: 
REQUISITOS
  • Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural no que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe (actualmente contrato de formación en alternancia establecido no Real decreto lei 32/2021), e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo. 
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • O alumnado que teña dezaseis anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, logo de rematado o período ordinario de matriculación no proceso de admisión a estas ensinanzas, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista listaxe de espera.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, segundo o establecido nas  INSTRUCCIÓNS
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP. (OLLO ÁS EXCLUSIÓNS) No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual intensiva poderán continuar nos outros procesos de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:

Serán excluídas dos procesos de admisión a FP dual intensiva as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea. 

Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
– Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
– Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual intensiva quedarán excluídas do proceso de admisión a outras ofertas de ciclos formativos e de cursos de especialización. 

 

11 de xuño de 2024

Información sobre a inscrición na FP para o curso 2024/2025

Xa se publicou a oferta de ciclos e cursos de especialización: contamos coa do Curso 2023/2024.

Calendarios  https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25-calendario A inscrición será online das 9:00h do 24 de xuño ás 13:00h do 4 de xullo.


En https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25-instrucions-xerais están os documentos coas instrucións para participar no proceso de admisión.

Hai novidades como por exemplo, no réxime ordinario:
  • O máximo de opcións a solicitar pasa a ser 4.
  • Modifícanse os grupos de admisión (A, B, C). Agora serán Grupo 1, Grupo 2, Grupo 3... e subgrupos para os CS páx. 5 do .pdf  https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10715 
  • Xa non existen modalidades nin materias preferentes do Bacharelato aos ciclos formativos de Grao Superior
  • Xa non existen familias profesionais preferentes entre ciclos de grao Básico e Medio
Consulta como facer unha solicitude de admisión

5 de xuño de 2024

Prazas de aloxamento na Universidade da Coruña (Campus de Coruña e Ferrol)

Para o alumnado de grao e máster que se matricule a tempo completo nun centro da UDC, nos campus da Coruña e Ferrol, para o curso 2024/25.

INSCRICIÓNS:

Dende o 28/05/2024 ata o 25/06/2024 até as 14:00h. 

REQUISITOS:

En relación coa vivenda habitual

  • Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada. 
  • Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
  •  Para a adxudicación das prazas requirirase que a persoa solicitante acredite que, por razón da distancia do domicilio familiar ao centro docente e os medios de comunicación existentes, ten que residir fóra do domicilio familiar durante o curso.  

BAREMO PARA A VALORACIÓN DAS SOLICITUDES DE PRAZA: a puntuación total será a suma das puntuacións académica e económica. 

Alumnado que se matricule por primeira vez na UDC: solicitará a praza a través do documento que figura como ANEXO III (A Coruña) ou ANEXO IV (Ferrol) ao final da convocatoriaconvocatoria. Deberán asinalo, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, e presentalo coa documentación requirida en: 

A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña)

Ferrol: Negociado de Asuntos Xerais (campus de Esteiro)

PÁXINA WEB:

www.udc.gal

CONTACTO:

Consultas sobre a convocatoria: Universidade da Coruña. Sección de bolsas. Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña. Tel. 981 167 000 e-correo bolsas@udc.gal co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".

Consultas sobre as residencias:

A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es

Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es

PORTAS ABERTAS NA USC (CAMPUS SANTIAGO E LUGO)

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”.

Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar nesa Universidade.

Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario formulario https://forms.office.com/e/PnyEqwzmv0  indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.

O prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.


29 de maio de 2024

Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2024-2025

A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2024-2025.


Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2024-2025

A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2024-2025

INSCRICIÓNS:

Ata o 27/06/2024 ata as 14:00 h.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

Cotas e prezos: serán os establecidos en función da Renda Persoal Dispoñible (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 de marzo de 2023)

Incompatibilidades: Estas axudas son incompatibles con outras coa mesma finalidade. As persoas que teñan concedido o compoñente de residencia da bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte (MEFPD), deberán aboar a cota F. Se desexan manter a cota subvencionada pola USC, deberán renunciar ao compoñente de residencia da bolsa do MEFPD.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 27 de xuño de 2024 ás 14.00 h. a través do formulario web dipoñible en www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-prazas-aloxamento

Presentarase unha única solicitude por persoa (agás no caso de solicitar praza nos dous campus: un formulario para Santiago e un formulario para Lugo)

O estudantado de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as 2 opcións no mesmo impreso.

As solicitantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar non teñen que achegar documentación. O resto dos/as solicitantes deberán achegar, ademais do formulario de solicitude asinado por todos os membros da unidade familiar, a documentación que corresponda segundo o indicado no punto 6 das Bases da convocatoria.

CALENDARIO:

Publicación das listas provisionais: 22 xullo

Prazo de enmenda das solicitudes: ata o 28 de xullo

Publicación das listas definitivas: 1 de agosto

Confirmación de permanencia na lista de agarda: ata o 5 de agosto 

Reserva de praza adxudicada (pagamento da fianza): do 1 ao 5 de agosto

1º movemento da lista de agarda: 7 de agosto

2º movemento da lista de agarda: 13 de agosto

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB:

www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-plazas-alojamiento


CONTACTO:

Universidade de Santiago de Compostela


Servizo Universitario de Residencias (SUR)


Pavillón de Estudantes - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)


Tel.: 881 814 574 / 881 814 560 / 881 814 525


correo-e: sur@usc.es


www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias





18 de maio de 2024

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/2025.


INSCRICIÓNS:

Até o 20 de maio de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato.

Até o 26 de xuño de 2024: para a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO e/ou proba específica de grao medio.

LUGAR DE INSCRICIÓN:

Na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. Na modalidade de fútbol deberá presentarse na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.


DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

- Probas substitutivas de titulación: realizaranse no IES San Clemente de Santiago de Compostela nas seguintes datas:

GRAO MEDIO: 5 de xullo de 2024. Presentación: 9:15h.  

GRAO SUPERIOR: 30 de maio de 2024. Presentación 9:30h.

- Probas específicas de acceso de grao medio:


* a data do exame poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias.

**As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. 

- Probas específicas de acceso de grao superior:


► Non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.

REQUISITOS:

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. 

A proba substitutiva do requisito de titulación poderase substituír pola superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP, a parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño, a proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva, ou as tres condicións de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente. E ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos: bacharelato, título de técnico superior, título universitario.

b) O alumnado que non dispoña do título de bacharelato, ou outro declarado equivalente, deberá ter, ou cumprir no ano natural de realización das probas, 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

A proba substitutiva do requisito de titulación de grao superior poderase substituír pola superación da parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de FP, da proba substitutiva do requisito de titulación de acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño, da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou da proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

PÁXINA WEB DA CONSELLARÍA:

*MÁIS INFO: 

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña

Tel.: 981 184 701

Publicación: DOG 07/05/2024

 


1 de maio de 2024

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

INSCRICIÓNS:

Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

REQUISITOS:

Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria.

Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

1.000 euros por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

CONTACTO:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 527 - 881 996 509 -  881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 26/04/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.



INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola.

PREZO:

64€


REQUISITOS:

Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica.

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/a aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o cal son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

►Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba: proba subtitutiva do requisito de titulación.

 

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO AS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades.

Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e darán comezo o día 8 de xullo de 2024, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal. * Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

 WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

Tel.: 986 246 399 / 619 910 967

esad.galicia@edu.xunta.gal

www.esadgalicia.com  

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.

c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.


Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis


PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

Terá como finalidade valorar a madureza,  os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra

Tel.: 886 159 735

e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal 

https://escolaconservacion.gal

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

Ata o 21/05/2024

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, con certificado dixital ou Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e itinerario a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do conservatorio sinalado na súa inscrición como primeira opción para cursar estudos.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba específica de acceso e que, sendo maiores de 16 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.


 PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compotela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO:

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN:

As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Composición.

Especialidade de Dirección.

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.

Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.

Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44. 15011 - A Coruña

Tel.: 981 141 295    

E-correo: cmus.coruna@edu.xunta.gal

www.csmcoruna.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

  • 1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
  • 2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO:

Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 

Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.

ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:

Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Na Coruña:    EASD Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña 

Tel.: 981 225 396             escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 25/04/2024

27 de abr. de 2024

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024-2025

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024/25.


INSCRICIÓN

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (ESO): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

LUGAR E DATAS DAS PROBAS

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribiran.

DATAS:

* Proba substitutiva do requisito da titulación de ESO: 19 de xuño de 2024.

1ª parte: 10.00-13.00h.                       2ª parte: 16.00-17.00h.

Cualificacións provisorias: 25 de xuño.

Reclamacións: 26 e 27 de xuño.

Cualificacións definitivas: 1 de xullo.

* Proba específica: 3 de xullo de 2024.

1º exercicio: 10.00-11.00h.                2º exercicio: 12.00-14.00h.                3º exercicio: 17.00-19.00h.

Cualificacións provisionais: 8 de xullo.

Reclamacións: 9 e 10 de xullo.

Cualficacións definitvas: 12 de xullo.

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2024-2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ciclos formativos de grao superior, para o curso 2024/25.

INSCRIPCIÓNS

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.
 
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. A documentación entregarase na secretaría da escola para acreditar os datos consignados na solicitude. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.

* Proba de substitutiva do Bacharelato: 19 de xuño de 2024. 1ª parte de 10:00-13:00h. 2ª parte de 16:00-17.00h.

Cualificacións provisorias: 25 de xuño.
Reclamacións: 26 e 27 de xuño.
Cualificacións definitivas: 1 de xullo.
* Proba específica: 3 de xullo de 2024. 1º exercicio de 10:00-11:00h. 2º exercicio de 12:00-14:00h. 3º exercicio de 17:00-19:00h.

Cualificacións provisorias: 8 de xullo.
Reclamacións 9 e 10 de xullo.
Cualificacións definitivas: 12 de xullo.


22 de abr. de 2024

CONVOCADAS BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE ASOCIADAS A DISCAPACIDADE, TRASTORNO GRAVE DA CONDUTA OU DA COMUNICACIÓN/LINGUAXE, TRASTORNO ESPECTRO AUTISTA E ALTAS CAPACIDADES

O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

a) Axudas directas para o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastorno espectro autista.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, e trastorno espectro autista.  

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe,  trastorno espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Compoñentes das axudas e contías:
  • Ensinanza: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbán: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnado interno en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbán: ata 308,00 euros
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: demde105,00 ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros..
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024 inclusive.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Xunta de Galicia pon á disposición dos mozos e mozas galegos un total de 36 instalacións xuvenís en Galicia -3 delas novas neste 2024- durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre. 

Así mesmo, e dentro dos programas de intercambios bilaterais, tamén se ofrece a posibilidade de que a xuventude galega coñeza a realidade social e cultural doutras comunidades autónomas. Este ano mantemos os intercambios con Álava-Araba, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Castela- A Mancha, Madrid e Cantabria. 

REQUISITOS DE IDADE

  • As persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos no momento do inicio do campamento. 
  • As persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

SOLICITUDE

A solicitude pode ser individual ou múltiple (para o suposto de dous/dúas ou máis irmáns/ás)As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

Clica na imaxe para saber máis.



QUE INCLÚE O CAMPAMENTO? 

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza. 
  • O aloxamento nun albergue xuvenil, nunha residencia, nun campamento xuvenil ou similar. 
  • A manutención en réxime de pensión completa. 
  • O material necesario para a actividade xuvenil. 
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, para o caso das persoas con discapacidade  que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas. 
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • No caso dos intercambios con outras comunidades autónomas: o transporte desde Santiago de Compostela que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.  

EQUIPAMENTO PERSOAL NECESARIO 

As persoas mozas que participen nestas actividades deberán levar útiles de aseo persoal, roupa axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, toalla, gorro de piscina, protector solar), calzado deportivo e aquel outro equipamento que se indique nas cartas informativas de cada campamento. As cartas informativas de cada campamento estarán dispoñibles na páxina web: xuventude.xunta.es despois do sorteo.

17 de abr. de 2024

Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

 A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2024-2025.

Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es

 
INSCRICIÓNS:
Para a 1ª oportunidade: ata o 12 de marzo 
Para a 2ª oportunidade: do 25 de abril ao 28 de maio
As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física,  adxuntando a documentación indicada nas bases da convocatoria.

PREZO:
O importe dos dereitos de exame é 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.

REQUISITOS:
Poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea cursando o Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior, ademais das personas que reúnan os requisitos de acceso á universidade previstos no artigo 3 do RD 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.
As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.
Os aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias do cursos académicos 2025/2026 e 2026/2027, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á Universidade.

MÁIS INFO: 
PÁXINA WEB:
https://probasinefgalicia.udc.es

CONTACTO:
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da  UDC

Avenida Ernesto Che Guevara, 121 (15179 - Oleiros)

tel.: 881 014 046

correo-e: administracion.inef@udc.es

https://inefg.udc.es

 



Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024. 


As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

OFERTA DE PRAZAS

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.

Ciclo superior de Dietética.

Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.


INSCRICIÓNS:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024 ata as 13:00 h.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)


Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio

Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.

Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.

Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.

Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.


REQUISITOS:

Cumprir os requisitos de acceso establecidos, e ademais:

- Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

- Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

- Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

NO CASO DE HABER VACANTES

  • Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

        - sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

        - ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

  • Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
  • Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.


MÁIS INFO:

www.edu.xunta.es/fp

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. de Monelos, 9º andar. Rúa Vicente Ferrer, 2 (15008 - A Coruña) 

Tel. 981 184 701

MÁIS INFORMACIÓN: nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE)


14 de abr. de 2024

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2024-2025

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional para o curso 2024-2025.


INSCRICIÓNS:

Grao Elemental: do 18/04/2024 ao 14/05/2024

Grao Profesional: do 17/04/2024 ao 10/05/2024

PREZO:

- Proba de acceso a grao elemental: de balde

- Proba de acceso a grao profesional: 34 €


REQUISITOS:

a) Para o acceso ao 1º de grao Elemental:

- a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos

- superar a proba específica de acceso

b) Para o acceso ao 1º de grao Profesional: 

- superar a proba específica de acceso.

PÁXINA WEB:

www.cmusprofesionalcoruna.es

CONTACTO:

Conservatorio Profesional de Música da Coruña  

Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Tel.: 981 276 800 

correo-e: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es


CALENDARIO DE INTERESE:

Acceso a 1º curso do Grao Elemental, curso 2024/25:

  • 17 de abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 18 abril ao 14 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es
  • 16 de maio: publicación dos listados provisionais de admitidos/as
  • 20 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas
  • 21 de maio: modificación da especialidade da inscrición
  • 24 de maio: publicación definitiva de admitidos por especialidade, datas e horarios das probas de acceso
  • Do 5 ao 7 de xuño: probas de acceso
  • 10 de xuño: publicación adxudicación de prazas e lista de espera
  • do 11 ao 17 de xuño: prazo de reclamación
  • do 17 ao 19 de xuño: prazo de matrícula 

Acceso a 1º curso de Grao Profesional, curso 2024/25:

  • 16 abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 17 abril ao 10 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/
  • 14 de maio: publicación listas de admitidos e excluídos.
  • 20 de maio: publicación datas e horarios das probas
  • Do 10 ao 12 de xuño: probas de acceso
  • 13 de xuño: ublicación admitidos e lista de espera
  • Do 14 ao 20 de xuño: prazo de reclamacións
  • 20 e 21 de xuño: prazo de matrícula 


Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2025-2026

OFERTA DE PRAZAS Oferta ordinaria grao profesional básica por provincia e concello. Inscricións : Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 até as...